MANIFESTO
O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo QUERE AMOSAR O SEU APOIO E CONVOCATORIA A NIVEL GALEGO, DA FOLGA SIMBÓLICA DE INMIGRANTES QUE DIFERENTES ENTIDADES A NIVEL ESTATAL PROMOVEN PARA O VENRES DÍA 20 DE MARZO. O FORO REPARTIRA COMUNICADOS E PEGATINAS INFORMATIVAS ESE DÍA.
O motivo da folga é revindicar o traballo das persoas inmigrantes nun contexto de crise económica e no que se va a comezar a debatir no Parlamento Español un Anteproxecto de Lei de Estranxeiría proposto polo goberno central. En relación co mesmo:
“Recoñecendo que existen no texto proposto elementos positivos coma a concesión co reagrupamento familiar dunha autorización de residencia e traballo para as persoas reagrupadas; a posibilidade dunha saída voluntaria previa ao incoamento de procedementos de expulsións para as persoas en situación de irregularidade administrativa; a posibilidade de que ONGs poidan entrar nos Centros de Internamento de Estranxeiros por petición das persoas internas; ou a posibilidade de que as comunidade autónomas que teñan recollidos nos seus Estatutos as competencias na autorización inicial de traballo poidan facela efectiva; entendemos que globalmente a Reforma proposta é fondamente restrictiva e negativa polas seguintes razóns:
1.- A importante limitación do reagrupamento familiar para ascendentes de residentes , que só se permite para os/as de longa duración (5 anos de estancia).
2.- A apertura da posibilidade de repatriación de menores inmigrantes basándose na garantía dos servizos de atención a menores dos países de orixe dos e das menores. Posibilidade moi discutible no caso de países como Marrocos, por exemplo.
3.- Recolle o intolerable aumento de prazo de estancia nos centros de internamento de estranxeiros ata os 60 días (antes eran 40).
4.- E sobre todo porque basease na persecución sistemática da poboación inmigrante en situación de irregularidade administrativa e no peche das fronteiras, ata o punto de propoñer como actuacións delictivas as realizadas por asociacións, entidades e persoas particulares para axudar, socorrer e facilitar a vida das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. Establece así, ademáis, unha coartada legal para as actuacións de persecución contra esta poboación inmigrante residente no Estado español que xa dende hai varios meses veñen denuciado moi diferentes organizacións en diferentes partes do Estado.
Negámonos a aceptar esta visión intencionadamente “criminalizadora”, na que tanto insiste este Anteproxecto do goberno central, sobre unha realidade, á da inmigración, tan fondamente positiva para o conxunto da poboación galega e española. POR ISO SOLICITAMOS AO CONXUNTO DA CIDADANÍA A SÚA SOLIDARIEDADE E QUE SIMBÓLICA OU EFECTIVAMENTE SE PODEN SE SUMEN A ESTA CONVOCATORIA DE FOLGA
Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e intelectual (ACI).