MANIFESTO DÍA DO INMIGRANTE: 18 DE DECEMBRO DE 2007.
190 millares de persoas migraron no último século, por motivos políticos, de violencia, de pobreza, de inxustiza social, ou sinxelamente na procura de oportunidades que a súa terra non lles podía ofertar.
Fronte á expulsión de persoas dos seus países de orixe, temos todas e todos unha co-responsabilidade mundial, o Informe de Desenvolvemento Humano, lémbranos que a desigualdade é maior entre os habitantes da terra, que entre os habitantes do país máis desigual do mundo.
Hai menos dun século que as grandes migracións dábanse de norte a norte ou de norte a sur do planeta, hoxe encontrámonos cunha nova realidade, na que os maiores movementos prodúcense cara ao norte. Cara ao que coñecemos como o mundo desenvolvido, pero un mundo desenvolvido non o é só pola súa riqueza per capita, sino que o é, pola súa capacidade de combinar o desenvolvemento económico coa xustiza social, e o benestar para todas as persoas. Ese é o mundo desenvolvido que nos anhelamos.
España é hoxe un país desenvolvido e destino da migración. Cos inmigrantes, garantimos un maior crecemento económico que moitos dos nosos países veciños; conseguimos a desaceleración do envellecemento da nosa poboación; damos un pulo aos sectores económicos que demandan man de obra difícil de encontrar dentro dos nosos nacionais; do mesmo xeito, a nosa infancia e as nosas persoas maiores son coidadas e reciben o afecto de persoas doutras terras; e a nosa sociedade de acollida enriquecese culturalmente cos novos aires vidos doutros continentes.
Por todo esto e por moito máis, xa somos moitas as galegas e galegos que recoñecemos que os dereitos da poboación migrante son os mesmos que os de calquera outra persoa da nosa comunidade. Entre todas e todos os que cremos que a construcción intercultural é posible, reivindicamos neste día “Unha convivencia intercultural, sen actos, nin agresións racistas”.
A cidadanía galega ten hoxe a oportunidade de vivir nun país intercultural, pero para que este desenvolvemento económico e social se poda manter tamén é necesario o compromiso político. Por iso, facemos un chamado aos responsables políticos para actuar tanto a nivel internacional como nacional. No terreo internacional cumpre asinar e ratificar un dos nove tratados de Nacións Unidas, a través do cal buscase protexer os Dereitos Humanos das persoas migrantes, referímonos á “Convención Internacional sobre Protección dos Dereitos de todos os traballadores migrantes e as súas Familias”. Esta convención inspirou que Nacións Unidas decretase o día de hoxe día internacional das persoas migrantes. Son moitas as administracións que celebran unha festa de conmemoración, pero non basta coa festa, é necesario o compromiso legal, un compromiso do que España non ten ratificado.
Por outra banda, en canto as políticas nacionais, facemos un chamado de atención sobre a proposta de reforma de lei de estranxeiría aprobada recentemente no senado Español, pola iniciativa de coalición canaria co apoio dos grupos de converxencia e unió e do partido popular, nesta proposta de lei intentase facer unha lexislación moito máis restrictiva do que xa temos. Facendo que as persoas en condición de irregularidade administrativa queden sen ningunha posibilidade de empadroarse nos concellos, esto conduciría a que cerca do 35% das nosas veciñas e veciños inmigrantes, quedasen sen os servicios sociais mínimos, servicios aos que ten dereito calquera cidadán, pois os servicios sociais permiten garantir que nas nosas vilas e cidades non existan persoas en condicións de marxinación social.
A pregunta é contundente: queremos marxinalidade na nosa terra galega? E a resposta é sinxela: NON.
Segundo esta nova proposta de lei, as persoas que hoxe se encóntran en situación de irregularidade administrativa, nunca terán dereito de regularizar a súa situación, aínda que sexan persoas perfectamente integradas na nosa sociedade, aínda que sexan nenos que medren na nosa terra. E dicir que non poderán acceder nunca á plenitude de dereitos que oferta a Nacionalidade.
Do mesmo xeito, a modificación da lei propón un novo plan de fronteiras para blindalas aínda mais, algo que xa todas e todos sabemos non é eficaz, pois non existen fronteiras o suficientemente fortes para deter os desexos das persoas de vivir nun lugar mellor.
Ante a proposta de coalición canaria, dende o Foro de Inmigración propoñemos unha lei máis xusta e garantista, que permita: a regularización cunha oferta de traballo efectiva; a mellora dos medios nos consulados e nas oficinas de estranxeiría; as sancións económicas en lugar de expedientes de expulsión; e a completa igualdade nos dereitos básicos das persoas regulares e irregulares. En poucas palabras, reivindicamos a “Integración, a Cidadanía Universal e os dereitos humanos”
Para terminar, dicirvos que xa hai tempo que moitos dos que estamos aquí esta noite, deixamos nosa terra doutro lado do mar, ou dos Pirineos, e trouxemos as maletas cheas de sonos e ilusións para construír un mundo mellor, máis libre, máis xusto, máis equitativo, máis sostible e máis solidario. Temos as mans ansiosas por construílo e queremos facelo con todas e todos vos, dende aquí, dende Galiza.