MANIFESTO DÍA 8 DE NOVEMBRO

O Foro Galego de Inmigración realiza o presente acto público en diferentes lugares de Galicia para poner de manifestó diante da opinión pública:

1.- Que as persoas inmigrantes vimos aquí para atopar un lugar no que poidamos vivir coas nosas familias en condicións dignas, pero que tamén contribuimos de forma notable ao desenvolvemento económico, cultural e social de Galicia e de España nos últimos anos.

2.- Que as persoas inmigrantes aportamos a nosa forza de traballo, pero tamén as nosas culturas, valores, ideas e coñecementos. A maior parte das veces non temos outra alternativa que emigrar dos nosos lugares de orixe, aínda que non nos guste e sendo conscentes de que os nosos países quedan máis empobrecidos coa nosa marcha.

3.- Que a maior parte das persoas inmigrantes residentes aquí optamos por desenvolver neste país o noso proxecto vital e o das nosas familias,  e que independentemente da situación económica boa ou mala temos dereito a vir e/ou a seguir aquí.

4.- Que as persoas inmigrantes pedimos neste contexto de crise como no de bonanza económica anterior,  igualdade de dereitos e obrigas con respecto ao resto da poboación. Somos e sentímonos tamén de aquí.

5.- Por todo o anterior,  rexeitamos as medidas e propostas orientadas a limitar os nosos dereitos  individais, laborais e sociais:

-  A chamada Directiva Europea de Retorno, unida á  proposta do goberno español de ampliar o tempo de estancia nos centros de internamento ata os 60 días.

- O programa de Retorno Voluntario, coa posibilidade de cobrar a prestación de desemprego acumulada de forma completa, ou a fortísima limitación dos catálogos de ocupacións de difícil cobertura.

- No horizonte, a anunciada limitación do noso dereito ao reagrupamento familiar ou a ampliación de prazo para poder acceder  ao arraigo social, cuestións que serían terribles de se converter en realidade  para moitos e moitas de nós e para as nosas familias.

Hoxe estamos aquí regalando pulseras que poñen como lema que “todos somos emigrantes” e simbólicamente  tamén facendo un acto conxunto de doazon de sangue para amosar o noso compromiso con esta sociedade na que vivimos e na que nos sentimos plenamente partícipes. MOITAS GRAZAS.

Advertisement
Explore posts in the same categories: Uncategorized

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.